Colexio Andersen

Vamos a conocer hoy el Colegio Andersen:

«O Colexio Andersen de Vigo é unha comunidade educativa viva, na que alumnado, profesorado e familias atópanse unidos para ofrecer unha educación próxima, individualizada e de calidade.


Está situado en VALADARES, na Garrida, a 5 minutos do hospital Alvaro Cunqueiro, conta con servizos de transporte que cubren a zona de Vigo e Val Miñor e para facilitar a conciliación familiar, ten servizo de madrugadores desde ás 7:45h, comedor e actividades extraescolares ata ás 17:30h.

O centro educativo dispón de dúas edificacións, unha para infantil e primaria e outra para secundaria. Ambas contan con biblioteca, aula de música, ciencias, artes plásticas, aula de psicomotricidade, pavillón, aula de xogos, comedor e un patio rodeado de natureza con zona cuberta, horta escolar, pista de fútbol, brilé e baloncesto.


A nivel educativo parte de metodoloxías activas, desde idades temperás os nenos e nenas son protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe, experimentando e desenvolvendo da curiosidade, da creatividade e do pensamento crítico. A biblioteca escolar é un espazo fundamental, creador e divulgador de recursos para unha formación integral e aberta ás familias, ao alumnado e ao profesorado, ao tempo que a natureza, integrada plenamente no centro, forma parte da nosa aula, sendo unha ferramenta fundamental para a aprendizaxe e o benestar.


Educar é moito máis que ensinar contidos: é acompañar, escoitar e camiñar xuntos e xuntas. Dan un valor especial a facer comunidade. As familias non son espectadoras, senón parte activa do proxecto educativo. O seu compromiso, colaboración e confianza son claves para crear un ambiente seguro, participativo e acolledor, no que cada neno e cada nena se sente acompañado.


O Colexio Andersen de Vigo é un lugar onde se aprende con ilusión, se coida ás persoas e se constrúe comunidade cada día. Un colexio para sentir, aprender e medrar. Por eso abordan obradoiros experimentais e creativos relacionados con intereses do alumnado como cociña, hábitat, arte, teatro, robótica, intelixencia emocional, radio…


Educan en valores como o respecto, a igualdade, a solidariedade e o compañeirismo, convencidos de que só así é posible medrar xuntos e xuntas, aprender uns dos outros e construír un futuro mellor».

El Colegio Andersen tendrá una jornada de puertas abiertas el día 20 de febrero a las 17:00 horas. Podéis pedir cita en el Tlf. 986 469412

Colexio Andersen. Camiño Escola Andersen 28 A Garrida-Valadares 
Web: colexioandersen.es

Facebook CPR Andersen Augalonga
Instagram @colexioandersen

Si te ha gustado comparte en...

También te puede gustar

Newsletter

Suscríbete para estar siempre al tanto de las novedades de Little Vigo

Deja un comentario:

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

About Me
foto-qué-es-little
Redescubre Vigo con los peques y disfruta de
todo lo que te aporta tu ciudad

Rocío

Newsletter

Entérate de las últimas novedades

sponsor
Especiales
Suscríbete al blog por correo
electrónico para no perderte nada
Loading