«Xa queda pouco para que rematen as clases, os exames e as actividades extraescolares, os nenos e as nenas están desexando que cheguen as vacacións e todo o que conlevan, praia, aire libre, excursións e viaxes.
Nesta ocasión imos recomendar algúns libros sobre viaxes, a lugares lonxanos e outros non tanto, non é preciso irse moi lonxe para coñecer e descubrir novos lugares, novas realidades. O feito de viaxar amplia os coñecementos, non so xeográficos e culturais, tamén valores como a tolerancia, o respeto a natureza e sobre todo alimenta a curiosidade. Neste tempo de relax podemos compartir aventuras, experiencias e lecturas.
1. RATOS DE VIAXE. Oli, Natalia Colombo. Kalandraka Editora. Cargados de equipaxe e viaxando en caravana, os ratos deste conto marchan á praia. Rimas divertidas e encadeadas para unhas vacaciones con moitas aventuras.
2. LAS VACACIONES DE RATÓN CARTERO. Marianne Dubuc, Editorial Juventud. O Rato Carteiro vai de vacacións ca súa familia. Na xungla ou no Polo, na praia ou no deserto, segue repartindo os seus paquetes, acompañado da señora Ratón e dos tres ratiños. Acompañao ti tamén na súa viaxe e abre ben os ollos: atoparás divertidos animais e moitas cousas máis.
3. LAS VACACIONES DE NONO. Fabien Öckto Lambert, Marie Tibi, Astronave. Todos os amigos de Nono están impacientes por empezar as vacacións de verán… Todos menos él. Nono deberá quedarse en Bonito Rincón, o seu pai ten que facer reparacións na cova, así que lle agarda un verán do máis aburrido. Todos os seus amigos deciden pasar un día xuntos antes de irse de vacacións, para facer mil cousas en Bonito Rincón e demostrarlle a Nono que quedarse en casa tambén pode ser divertido.
4. GATIÑO E AS VACACIÓNS. Joel Franz Rosell, Constance V. Kitzing, Editorial Kalandraka. Distintos modelos de familia e circunstancias sociais diversas están representados neste álbum con sabor a verán, praia, monte, pobo, viaxes… ou a outra maneira de gozar do tempo de lecer e de descanso.
5. ISTO É LONDRES, PARÍS, NOYA YORK, ROMA. M. Sasek, El Patito Editorial. Miroslav Sasek logrou plasmar o espíritu de cidades e países a través das súas reconocibles e marabillosas ilustracións. A súa serie de libros Esto é… comenzou con Esto é París, que se publicou por primeira vez en 1959.
6. SOFÍA VIAJA A LA ANTÁRTIDA. Alison Lester, Edicione Ekaré. Sofía ten nove anos e vai a acompañar ao seu pai á Antártida. Xunto coa gran tripulación do Aurora Australis, descubrirá un mundo cheo de pingüíns, baleas, icebergs e auroras austrais. Un libro que intercala información e ficción, narrado en forma de diario, que invita coñecer un dos lugares máis fermosos do planeta…
7. VACACIONES EN SUECIA. Edith Unnerstad, Maeva Young. Pelle vese obligado a pasar o verán coa súa avoa paterna no sur de Suecia, mentras a súa nai recupérase dun accidente de coche. Pero nada máis subirse ao tren,o seu enfado empeza a diminuir. As aventuras que vivirá na granxa, xunto a súa curmá Kaja, faranlle volver a sonreir e esquecer o medo a que a súa nai non se recupere.
8. AS VACACIÓNS DE NICOLASIÑO. Goscinny, Sempé, Oqueleo. Vive co Nicolasiño unhas apaixonantes vacacións cheas de sorpresas, moitas situacións curiosas e divertidas.
9. GUÍA DE CIUDADES. Martin Haake, Georgia Cherry, SM. Unha viaxe por 30 cidades do mundo.
10. ELÉCTRICO 28. Davide Cali, Magali Le Huche, Flamboyant. En Lisboa, subir ao Elétrico 28 non é subirse a un tranvía calquera. Para Amadeo, o seu conductor, facer baixar, xirar, zigzaguear…o seu magnífico tranvía amarelo ten un propósito secreto».
Ya sabéis que todos estos libros y muchos más, podéis encontrarlos en la librería Libros para Soñar, en la C/Triunfo nº 1 (Casco Vello).