Lecturas infantiles de Navidad

Este mes de diciembre, Sandra, de la librería «Libros para Soñar» nos trae una recopilación muy bonita de libros infantiles para Navidad, tomad nota!:

lecturas navidad

«Bensabido é por todos que a luz que máis brilla achegándose o Nadal é a dos ollos dos nenos e nenas, cheos de ilusións. Contan os días para as datas claves, non paran ata que non está a árbore montada, devecen polos ricos doces desta época e encántalles que compartamos lecturas máxicas, contos e historias que nos metan máis se cabe no Nadal. Así que, como non pode ser doutra maneira queremos recomendarvos algúns libros para que disfrutedes xuntos…esperemos que esa ilusión dure moito, moito tempo, xa que con ela alimentamos a nosa ilusión.

O NADAL DE ERNESTO E CELESTINA. Gabriel Vincent, Kalandraka.

Celestina decide celebrar unha festa de Nadal, Ernesto e ela aínda que carecen de cartos farán unha gran festa e demostraránnos que a amizade é un gran tesouro. Recoller unha árbore no bosque para decorala, facer debuxos para agasallalos ás amizades, facer uns pasteis, escribir as invitacións… Demostran que a felicidade está nas pequenas cousas.

lps imagen1

EL ÁRBOL DE NAVIDAD DEL SEÑOR VILADOMOAT. Robert Barry, Corimbo.

O señor Viladomat acaba de recibir o abeto que encargou para decorar no seu gran salón, máis é tan grande que o terán que recortar, esto dará lugar a unha serie encadeada de historias divertidas.

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS. Chema Heras, Kiko Da Silva, Kalandraka.

Atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeño e de humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil.

MI LIBRO DEL ADVIENTO. Camille Garoche, Sm.

Este libro ilustrado é un calendario de Adviento que trae un conto ou un poema para cada día, e un elemento decorativo cada día para a árbore que acompaña ao libro.

OLIVIA RECIBE LA NAVIDAD. Ian Falconer, Fondo de cultura.

A encantadora porquiña Olivia está moi, moi nerviosa porque esa noite é Noiteboa, tanta inquietude vai provocar unha serie de incidentes. Con sinxelas ilustracións Olivia conquista o corazón do pequeno lector.

¡CÓMO EL GRINCH ROBÓ LA NAVIDAD! Dr. Seuss, Beascoa.

O Grinch odia o Nadal, pretende roubarlles o Nadal aos habitantes de Vilaquén, levando os adornos e os agasallos pero os Quen descubriranlle que etsa festa non solo son as cousas materiais. Texto escrito en versos con rima. Estes días podemos ver unha nova versión cinematográfica.

PAPÁ NOEL. Raymond Briggs, La Galera.

Papá Noel so traballa unha noite ao ano, pero vaia noite! Ten de ir de aca para alá levando regalos para todo o mundo, cando o que en realidade lle apetece é sentarse en casa a ler un bo libro e tomar unha taza de té. Esta obra do prestixioso autor Raymond Briggs, en formato cómic, converteuse nun verdadeiro clásico en toda Europa dende a súa publicación nos anos setenta.

lps imagen2

EL CASCANUECES. Jessica Courtney-Tickle , Katy Flint. Bruño.

Este libro musical achega aos nenos e as nenas este ballet clásico de Tchaivkoski. Bonito formato con botón para escoitar algunhas das pezas.

ALLUMETTE. Tomi Ungerer, Kalandraka.

«A vendedora de mistos» de Andersen, na era actual, reflectindo as peores cualidades da humanidade pero cunha perspectiva esperanzadora: unha nena como exemplo de xenerosidade, entrega e xustiza social.

EL DÍA QUE PAPÁ NOEL CAYÓ DEL CIELO. Cornelia Funke, Siruela.

Unha fantástica historia chea de emoción e intriga na que Nicolás Reyes, o último Papa Noel verdadeiro, ten que loitar para que Nicolás Duendemuerto non impoña o seu Nadal comercial e materialista.

CANTO DE NADAL. Charles Dickens, Roberto Inoccenti.

Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida. Un libro esencial que destaca pola riqueza e pola precisión do texto de Dickens e das imaxes hiperrealistas de Innocenti».

lps imagen libros

Como siempre todos estos maravillosos libros podréis encontrarlos en «Libros para Soñar«, C/ Triunfo nº 1 (Casco Vello).

Si te ha gustado comparte en...

También te puede gustar

Newsletter

Suscríbete para estar siempre al tanto de las novedades de Little Vigo

Deja un comentario:

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

About Me
foto-qué-es-little
Redescubre Vigo con los peques y disfruta de
todo lo que te aporta tu ciudad

Rocío

Newsletter

Entérate de las últimas novedades

sponsor
Especiales
Suscríbete al blog por correo
electrónico para no perderte nada
Loading