Esta semana llega una de las épocas más divertidas del año y Sandra, nuestra librera favorita desde «Libros para Soñar» nos trae una recopilación de cuentos y libros ilustrados para disfrutar con la lectura del Entroido!
PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO
«Xa queda pouco para que cheguen as datas más festeiras do calendario e na que participan tanto grandes coma pequenos. Disfrazarse é abrir as portas da imaxinación, converterse en bruxa, mago, pirata ou calquera personaxe de conto conleva unha desinhibición e unha diversión extra.
Vestirnos con outras roupas e meternos no rol dun personaxe diferente facilita a empatía ademáis de fomentar a creatividade.
As veces lemos un libro e sentímonos atrapados na súa trama, inmersos no mundo das follas de papel, o entroido é unha oportunidade de converternos por unhas horas en Alicia, en Willy Wonka ou Pippi Mediaslongas, ser os protagonistas das nosas aventuras favoritas.
Hoxe traemos algúns contos nos que os personaxes tamén xogan a disfrazarse e disfrutan metidos noutra pel, comendo os doces típicos ou cambiando a súa imaxe para conseguir un fin determinado.
- É TEMPO DE ENTROIDO. Ramón D. Veiga e David Sierra, Xerais. As coloridas ilustracións e as rimas fan un percorrido polos distintos entroidos tradicionais galegos e as comidas típicas destas datas. Para nen@s de 5 a 8 anos.
2. TÍO LOBO. Xosé Ballesteros e Roger Olmos, Kalandraka. Carmela é unha nena moi larpeira, a súa nai vaille preparar unhas chulas de entroido pero tenlle que pedir prestada a tixola ao Tío Lobo. Un conto de medo e humor cun final inesperado. Para nen@s de 5 a 8 anos.
3. GRISELA. Anke de Vries e Willemien Min, Kalandraka. Grisela é unha ratiña que non se sinte ben co seu aspecto, proba a pintarse de distintas cores, con raias, con flores. Conseguirá sentirse mellor? Para nen@s de 3 a 6 anos.
- MIS AMIGOS MONSTRUOS. Pooya Abbasian, Kókinos. Todas as noites unha nena disfrazábase de tigre, dragón ou xigante para protexerse dos temibles monstros que se colaban no seu cuarto. O conto desdramatiza o medo a dormir ademáis de plantexar a importancia de ser un mesmo. Para nen@s de 5 a 7 anos.
5. ¡ESTE OSO, NO! Bernice Myers, Corimbo. Germán vai visitar á súa tía Gertrudis co seu abrigo de pel, polo camiño atópase cun oso que o confunde co seu curmán Julius. Un álbum clásico co que riremos. Para nen@s de 3 a 7 anos.
6. ELMER. David Mckee, Kalandraka. Elmer, un elefante multicor, non está contento co seu aspecto e proba a disfrazarse de elefante gris. Un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil que aborda con humor as dificultades para aceptarnos como somos. Para nen@s de 3 a 6 anos.
7. OLIVIA. Ian Falconer, Fondo de Cultura. Olivia é unha adorable porquiña á que lle encanta cantar a todo volumen e probarse toda a súa roupa cada vez que se viste. Un libro para ler cun sorriso de principio a fin. Para nen@s de 5 a 8 anos. 8. SIRENAS. Jessica Love, Kókinos. A Julián gústanlle moito as sereas, cunha planta, unhas flores e unha cortina faise un fermoso disfraz, logo a súa avoa regálalle un collar e o leva a unha tradicional festa de Entroido. Un álbum ben ilustrado, que non xuzga nin condena, que respeta o desexo de cada un de ser o que soña e elixe. Para nen@s de 5 a 8 anos.
- TOMÁS O BROMISTA. Jorge Rico Ródenas e Anna Laura Cantone, Kalandraka. De crocodilo, de león, de abella…os disfraces de Tomás non lle fan gracia a ninguén. Bromas rimadas para rir a gargalladas. Para nen@s de 5 a 8 anos.
- RICITOS DE OSO. Stéphane Servant, Laetitia Le Saux, editorial Juventud. Esta noite é o gran entroido do bosque e todos preparan os seus disfraces: Mamá Osa acaba de coser o seu disfrace de Bela Dormente, Papá Oso vese fantástico disfrazado de Lobo Feroz. «E ti, Osiño?» «Eu, de Riciños de Oso!» A Papá Oso non lle gusta a idea de que o seu fillo vaia con saia e coletas louras e tenta persuadirlle para cambiar de disfrace, pero Osiño mantense firme. Un álbum en clave de humor contra as convencións sociais e os xéneros establecidos. Para nen@s de 5 a 8 anos».