A Semente: un espazo onde as crianzas medran, xogan e aprenden en galego

Hoy vamos a conocer un poquito más el proyecto educativo Semente Vigo, ellos mismos nos lo cuentan:

«Sabemos que as familias estades á procura das mellores opcións educativas e de lecer para as vosas cativas e cativos. Nunha cidade como Vigo, atopar espazos que coiden a lingua e a infancia é un verdadeiro tesouro, e por iso queremos que coñezades un proxecto moi especial: a Semente.
Falamos dunha asociación afincada no barrio de Teis, que ofrece un proxecto educativo de inmersión lingüística en galego dirixido a nenas e nenos de infantil, unha etapa clave para o desenvolvemento.

A Semente é moito máis ca unha escola. É unha comunidade educativa que entende a crianza desde o respecto, o fomento da autonomía e o equilibrio emocional, a conexión coa natureza e coa veciñanza dos nosos barrios, o feminismo, a sustentabilidade e o pensamento crítico. Aquí, as crianzas son as verdadeiras protagonistas do seu proceso de aprendizaxe, descubrindo o mundo a través do xogo libre, a experimentación e o afecto. Todo nun ambiente 100% en galego que lles axuda a sentir a nosa lingua como algo propio, natural, vivo, útil e marabilloso.

E, como a educación non remata nas aulas, ademais de funcionar como escola polas mañás, tamén organizan actividades abertas a todas as familias que busquen espazos de socialización en galego para as súas crianzas.

Así, organizan campamentos de verán e de Nadal nos que as participantes partillan momentos inesquecibles nos espazos naturais na contorna da Guía e no seu local da Rúa Doutor Corbal.

Ao longo do curso ofrecen actividades extraescolares, tamén abertas a todas as familias, como o curso de karate, onde se procura o ensino de valores coma o respeito, o traballo en equipo e o esforzo e a paciencia a través de exercicios adaptados de karate. E para quen prefira un espazo de calma e autocoñecemento, o curso de ioga para a infancia axudaranlles a conectar co seu corpo, xestionar as emocións e relaxarse a través da respiración, a imaxinación e o movemento consciente.

A maiores, a Semente quere estar tamén presente nas festas máis sinaladas do noso calendario, nomeadamente as que nos conectan coa cultura e coas tradicións máis xenuínas do noso pobo e son ideais, como sempre o foron, para crear vínculos coa nosa contorna e fortalecer a comunidade de familias. A primeira cita deste curso será un madrugador Magosto popular que organizarán o 24 de outubro na Devesa de Navia. Estade atentas, porque haberá moitas sorpresas!

Ademais ao longo do ano organizan contacontos, saídas, concertos,… En definitiva, a Semente en Vigo é unha rede de apoio incrible para todas as familias que apostan polo galego e por unha educación crítica e respectuosa coa infancia; un lugar ideal para xogar, aprender e compartir. Se queredes coñecer máis sobre o seu proxecto ou inscribir os vosos cativos nas actividades de lecer, podedes atopar toda a información nas súas redes sociais. Quen se anima a sementar?»

Semente Vigo está en Doutor Corbal, 102 (Teis)
Email: vigo@semente.gal
Tlf. 651 191 352

Web: vigo.semente.gal
Instagram: @sementevigo

POST PATROCINADO

Si te ha gustado comparte en...

También te puede gustar

Newsletter

Suscríbete para estar siempre al tanto de las novedades de Little Vigo

Deja un comentario:

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

About Me
foto-qué-es-little
Redescubre Vigo con los peques y disfruta de
todo lo que te aporta tu ciudad

Rocío

Newsletter

Entérate de las últimas novedades

sponsor
Especiales
Suscríbete al blog por correo
electrónico para no perderte nada
Loading