Semente Vigo, proxecto educativo en galego

Much@s de vosotr@s habréis oído hablar de Semente en alguna ocasión, pero seguro que no conocéis exactamente qué es. Hoy os voy a contar un poquito más de este bonito proyecto que a mí, particularmente, me parece una muy buena alternativa.

A petición de las familias que integran esta iniciativa social os la voy a presentar en gallego:

A Semente Vigo nace á imaxe de Semente Compostela, tratase de unha iniciativa social sen fins lucrativos, que xurdiu do desexo dun número de familias galego falantes de que os seus fill@s non perdesen o idioma unha vez que entrasen na escola, polo que todas as actividades son desenvolvidas en galego, favorecendo a adquisición, conservación e coidado do noso idioma.
Destinado a pequenos e pequenas de idades comprendidas entre os 2 e os 6 anos, o horario é de 8:30 a 15.30 horas.
Semente está situada no barrio de Teis, na rúa Doutor Corbal 102, nunha casa de pedra cunha terraza e una horta de 100 m². Todo o espazo está pensado para que os nenos e nenas sexan autónomos no seu día a día. Un espazo aberto, amplio, organizado por recantos:

1

Lóxica matemática. Con brinquedos de diferentes correntes pedagóxicas que lles permiten achegar á lóxico-matemática ós nenos (xogos de construcción, quebra-cabezas, xogos de lóxica).
Asemblea. Un espazo para reunírse cada mañá para falar, facer propostas, tomar decisións consensuadas. Aquí tamén desfrutan dos contos, cancións, etc.

3

Expresión plástica. Para experimentar con diferentes técnicas, materias e instrumentos.
Construción: con elementos naturais (madeira, piñas, cunchas, cortiza…).
Representación: Para imaxinar e ser o queiran ser.
Movemento: Un espazo con diferentes recursos para desenvolver a expresión corporal e as habilidades e capacidades motrices. (randeeira, cama elástica, serpe de equilibrio, bola, espaleira, teas, pelotas de diferentes tamaños). Aquí tamen traballan a expresión musical mediante bailes, xogos, instrumentos,…
Autonomía e hixiene persoal: un baño adaptado ás nenas e nenos, elas mesmas adquiren autonomía para ser quen de satisfacer as súas necesidades básicas.
Zona de Xantar. Os nenos que non marchan para casa, traen o seu propio tupper que quentan na Semente. Eles encárganse de colocar o tapete, os cubertos que precisan, panos para limparse, etc…

4

O espazo exterior ten moita importancia no día a día de Semente. Tódolos días saen fora un anaco, aínda que chova, só hai que poñer as botas de auga e o chuvasqueiro. Alí practican xogos tradicionais, traballan a horta, fan xogos de movemento, brincan no areeiro, etc… Interactuan coa natureza.

IMG_5541IMG_5551426005485_146967CIMG77692017-02-10 12.59.31As educadoras empregan diferentes pedagoxías onde son observadoras e facilitadoras no propio proceso de aprendizaxe d@s nen@s. Invítanos a participar, e eles acceden se están interesados.
Poñen especial respeito no proceso de quitar o cueiro, non hai presa, respeitan o ritmo d@ nen@ que nos dí cando está preparad@.

Tamén compre destacar as saidas dos nenos a o seu bairro e a cidade. Adoitan a sair ao Monte da Guía e a praia da Punta; e tódolos anos visitan os museos que Vigo ten, esta semana iran ao de Meirande 🙂

Así falan os país de Semente:

“Na Semente os nenos e nenas teñen dereito a vivir experiencias pracenteiras. Infantil é un período onde se fixan vivencias que van conformar a personalidade de neno ou nena e é nesta etapa onde se deben realizar accións de desenvolvemento psicomotor, intelectual, moral e afectivo do neno ou nena. Se entras na Semente non entras só nunha escola, entras nun xeito de vivir en familia e de educar @s nos@s nen@s que vai máis alá do tempo que pasan na escola”.

1

En Semente ademáis contan con actividades de tarde: Teatro os venres e “Brincateis” os mércores. E diferentes eventos ao longo do ano: contacontos, obras de teatro (este sábado representouse a obra Mariñeiras no no centro), obradoiros de música… etc…

Neste enlace podedes ver un video para coñecer un pouquiño mellor Semente Vigo.

POST PATROCINADO

Si te ha gustado comparte en...

También te puede gustar

Newsletter

Suscríbete para estar siempre al tanto de las novedades de Little Vigo

Comments

  1. Silvia

    14 marzo, 2018

    Muy bonito proyecto, me encanta!! .. Pero me pregunto.. Qué es realmente?, una escuela infantil?? Más que nada porque me gustaría saber si está sujeta a todas las normativas, exigencias y controles de inspección que debe reunir un centro educativo o de atención a la infancia. Ya que el horario de funcionamiento puede confundir y en consecuencia, afectar a aquellos centros que cumplen con todos los requisitos establecidos por ley. No pretendo hacer debate sino informarme, ya que si no es una escuela infantil, bajo mi opinión el horario debería ser de tarde como actividad complementaria, ya que por las mañanas los niños de esas edades suelen acudir a la escuela infantil o colegio, estando éstos «perseguidos» y sujetos a unas normas muy exigentes por parte de la Xunta de Galicia, por lo que no lo vería justo sino es el caso. Un saludo, y gracias por darme la oportunidad de expresar mi opinión, con mucho respeto de una Educadora infantil.

  2. Iris Perez

    14 marzo, 2018

    Claramente estará suxeita a inspeccións, e aínda así ata os seis anos non é obrigatorio escolarizar así que cada un mandará ó nen@ a donde queira.

  3. Iria

    14 marzo, 2018

    Pareceme un proxecto precioso, onde se respeta a individualidade dos PEQUEN@S. Na diversidade está a riqueza dunha sociedade. Tiñan que existir máis opcións educativas das que xa coñecemos tod@s. Noraboa.

  4. CONCHI LÓPEZ

    16 marzo, 2018

    Ola Silvia,

    Antes de nada, grazas pola valoración positiva que fas do proxecto Semente Vigo.
    Ao respecto do que comentas de si cumprimos ou non coa normativa vixente, queremos deixar moi claro que a Semente Vigo dispón da preceptiva licenza municipal e que cumpre rigurosamente coa lexislación aplicable, tanto en temas arquitectónicos, de accesibilidade, contratación de persoal, etc …
    Por último, queremos convidarte a visitarnos e coñecer de perto o proxecto, temos xornadas de portas abertas tódolos sábados de marzo.
    Moitas grazas a unha aperta.

    Conchi López (membra da directiva da Semente).

    • Laura

      13 febrero, 2019

      Conchi, nos respostas ao que che preguntaron. Tendes autorización da Xunta de Galicia para levar a cabo esa actividade? No Rexistro de Centros que prestan servizos sociais non aparecedes…..

  5. Carme garcia rigau

    25 enero, 2020

    Son unha nai que leva a crianza á Semente e coñezo ben o proxecto, aínda que falo a título persoal. Sábeme mal que esta mensaxe quedara sen resposta, porque a Semente non trata de ocultar o que é, ao contrario.

    A Semente é un proxecto educativo destinado a familias galegofalantes que valoran o idioma da terra e que queren que as súas crianzas o falen e o manteñan, e lle dean valor. A Semente é o único espazo en Vigo onde poden relacionarse en galego con outras crianzas que tamén falan galego como primeira lingua. En calquera outro centro educativo as crianzas galegofalantes estan en minoría, a maioría das veces non acadan nin o 10% do alumnado (cabe destacar o caso excepcional do Paraixal, onde os galegofalantes acadan porcentaxes máis altos). Que quede claro, aínda que a educación na Semente pode cualificarse de «alternativa» e «libre», a razón de ser da Semente é o galego, e todas as crianzas usuarias do sevizo son falantes ou pre-falantes de galego.

    Legalmente non é unha escola infantil, se non un centro de ocio, máis non lle fai competencia desleal ás escolas infantís porque:

    1. compre a normativa, a pesar de optar por horario de mañá. É este horario porque as crianzas que alí van non van a escola infantil algunha, polo feito de que as familias o deciden así.
    2. as familias que acuden á Semente non o levarían a unha escola infantil, porque alí a lingua vehicular é o castelán , e o galego queda moi minorizado. Xa sabemos o que pasa: cando unha crianza galegofalante comeza na escola (infantil ou primaria) o galego vai en retroceso e cambia ao castelán.
    3. A Semente non goza de subvencións nin ten plazas subvencionadas nin cheque guardería nin nada. É un proxecto autoxestionado. Somos unha asociación e as familias que levamos as crianzas á Semente somos as mesmas que estamos implicadas en que o proxecto funcione. É o amor á cultura e á lingua da nosa terra o que nos move. Nin ánimo de lucro nin ganas de seren o que non somos.

    Pensade: a Semente existe porque as institucións públicas non proporcionan a posibilidade de escolarizar na lingua materna ás crianzas galegofalantes. As crianzas castelanfalantes si teñen garantido ese dereito. Hai un agravio comparativo entre as galegofalantes e as castelanfalantes. Imaxinade se fose ao revés. Se as crianzas castelanfalantes tiveran que ir a escolas onde o castelán queda tan reducido que volven a casa falando galego. Habería un gran debate, non se permitiría. En canbio, as galegofalantes viven esta minorización da súa lingua manterna e non pasa nada. Logo, xurde un proxecto colectivo, asociativo autoxestionado que trata de dar unha oportunidade ao galego. Este non pode ser escola invantil porque non podería ter o galego como lingua vihicular, por lei, e encheriase de crianzas castelanfalantes e os poucos galegofalantes claudicarían e pasarían ao castelán, como contei antes.

    Se cuestionades a Semente por se é escola infantil ou non, pensade que estades a por máis presión sobre un proxecto valente que trata de salvar unha lingua e de preservar os dereitos lingüísticos dunhas familias que, aínda que sexan minoría, teñen tanto dereito como as outras. E, unha realidade que as veces se perde: as linguas, TODAS, son patrimonio da humanidade.

    Moitas grazas a quen chegou ata o final do texto.

    • Aitana

      26 noviembre, 2020

      En la escuela infantil a la que va mi hijo pequeño y ha ido mi hijo mayor hablan en gallego. No sé qué tanto bombo,no es una escuela infantil,no pasa nada,es un centro de ocio pero tampoco dilapidemos a las demás escuelas infantiles.

      • Aitaniña

        30 diciembre, 2020

        As escolas infantiles galegofalantes son unha minoría… E unha mágoa a verdade. Tes sorte de poder levar os nenos a unha, deberías valoralo máis! De todolos xeitos, é o que comenta Carme, que os teus fillos vaian a unha escola infantil galegofalante non garante nin respeta a fala galega de tódolas familias que acoden a ela. Isto é porque que se fale galego alí non implica que se fale galego na casa. No caso da semente búscase dar continuidade a lingua maternal, neste caso todas as familias son galego falantes, digamos que non hai contaminación lingüística do castelán por así dicilo (para que se entenda). Isto é o que eu entendo vaia.
        No meu caso busquei un colexio galego falante para o neno maior, e sufrimos un pouco o que comento, no colexio fálase galego, pero os compañeiros do neno falan castelán… Así que o noso fillo tende a falar castelán.

        Moi bo proxecto! Noraboa!

Deja un comentario:

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

About Me
foto-qué-es-little
Redescubre Vigo con los peques y disfruta de
todo lo que te aporta tu ciudad

Rocío

Newsletter

Entérate de las últimas novedades

sponsor
Especiales
Suscríbete al blog por correo
electrónico para no perderte nada
Loading