Los próximos días 1, 2 y 3 de diciembre se celebra en el Pazo de la Cultura de Pontevedra una nueva edición de Culturgal Feria de las Industrias Culturales, se celebra la 10ª edición! en el que los peques son los grandes protagonistas.
Música, teatro, danza, libros y ciencia, además zonas de juego para los más chiquitines, obradoiros y un montón de actividades.
La entrada es de 1€ para los menores de 12 años y recibirán una pulsera con acceso por un día (2€ Adultos). Para acceder varios días hay otra pulsera por 2€ (3€ adultos). Los menores de 3 años entran gratis.
El Programa infantil y familiar de Cuturgal 2017 es el siguiente: (os lo dejo pinchando aquí en pdf) El programa puede haber sufrido cambios que podéis ver en este enlace y también pinchando aquí.
-
Venres 1 decembro
17:00. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Galaxia. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:30. Canta a lúa coas estrelas. Edicións Fervenza. Actuación musical a cargo do grupo “Os Piñeiriños”. Os divertidos monecos Xela e Fuco veñen dispostos a bailar e cantar sen parar. ESPAZO INFANTIL
19:30. O branco non pinta! Apiario. Contacontos ilustrados. Antía Otero, autora, contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo ao mesmo tempo. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:15. Presentación da obra gañadora do concurso Balbino de relatos. Edicións Fervenza. De que falarán as árbores de Ricardo Cid Paz. ESPAZO LIBRO
-
Sábado 2 decembro
11:00. Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC eDivulgACCIÓN. ESPAZO INFANTIL DELEITE
11:30. O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram… Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo. Espectáculo do grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento. Pensada para toda a familia, a peza inspírase nun conto da tradición oral. ESPAZO CARPA
11:30. A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos. Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira. ITINERANTE
11:45. Papagaio, un xornal para xente miúda. Con Abraham Carreiro. ESPAZO FORO
12:30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
13:30. Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega. Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas xuntan talentos para ofrecer un novo espectáculo de clown, circo e música. Dous músicos chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk. Quén actuará? ESPAZO INFANTIL
16:30. María Fumaça. 5º aniversario. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO CARPA
17:00. Contacontos ilustrado Serie GLIZ con Anxo Fariña. Xerais. Unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:00. Teatro e Marionetas de Mandrágora. Adormecida. A partir de 6 anos.ESPAZO INFANTIL
19:00. O raposo Rufo. Edicións Embora. Presentación da colección. O raposo Rufo é unha nova colección para prelectores e primeiros lectores que protagoniza un simpático animal e os seus amigos da fraga. Rufo e os seus amigos amósannos por que debemos coidar o medio ambiente e como facelo. Aprenderemos como reciclar, a súa importancia, e os resultados desa labor dun xeito ameno e divertido. Con Dani Vieitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:45 Gombó. Edicións Fervenza. Dramatización do conto “Gombó e o medo á escuridade” , da colección Gombó. O elefante Gombó terá que ser valente para superar diversas aventuras e enfrentarse así ao seu temor a escuridade, ao descoñecido. Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:30. Globotolo. Barafunda Animación. Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
-
Domingo 3 decembro
11:15. A viaxe da palabra que non era valente. 10d10. Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra, únense para presentar un espectáculo no que os cativos e cativas aprecien o valiosa que é a linguaxe e as palabras. A través dun conto que entrelaza cancións de autores e autoras moi coñecidos conformarán unha historia coa finalidade de salientar a importancia do diálogo na educación emocional. ESPAZO INFANTIL
11:30. Ponteciencia. Concello de Pontevedra.ESPAZO FORO
11.30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
12:00. Eu cociño, ti cociñas? O novo album de Mama Cabra. Galaxia. Sonárbore. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA . Espectáculo de pago.
12:00. O cinematomago. O mago Paco achegará a maxia do cine nun espectáculo que precisa a colaboración imprescindible do público. Poderemos ver diferentes escenas clásicas do cinema de todos os tempos a través da maxia. Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión. 3,2,1… Maxia, e acción! ESPAZO INFANTIL DELEITE
12:45. Nadal no Gaiás e Pequefilmes. Fundación Cidade da Cultura. Presentación e obradoiro arredor desta
programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. ESPAZO INFANTIL
15:00. Efervesciencia. Emisión en directo do programa da Radio Galega. ESPAZO FORO
16:30. Olga Brañas. Pitusa Semifusa e os estilos musicais. Galaxia. Sonárbore. Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra caracterizada de Pitusa Semifusa e Olga Brañas caracterizada da súa avoa directora de orquestra, irán explicándolle aos cativos e cativas aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un. Un espectáculo participativo e teatral con algunnha coreografía sinxela para pasalo en grande. ESPAZO CARPA
17:00. Mulleres bravas. Urco Editora. Presentación de novos títulos con Andrea Jamardo Seijo, directora da colección, María Reimóndez, autora de Pepa a Loba, Ledicia Costas, autora de Xulia Minguillón e Eva Agra, ilustradora. ESPAZO LIBRO
17:00. Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro. Un orixinal espectáculo para todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo. Colorido cabaret de ritmo desenfadado e alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo de ritmo frenético, moita interacción, sorpresas, cancións e coreografías. ESPAZO INFANTIL DELEITE
17:00. Scriptorium. Secretaría Xeral de Cultura. Obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas para descubrir as técnicas e materias empregados na copia de manuscritos na Idade Media. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
17:30. Argonat Band. Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrio e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande cunha posta en escena de estética R&R buscando a complicidade do público que recoñece as cancións de Led Zeppelin, AC/DC, Mago de Oz, Bonnie M, Os Resentidos, Siniestro Total ou Andrés do Barro. ESPAZO CARPA
18:00. Papi e mami. Fantasía coas palabras. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:15. Interrogamos aos videoxogos en familia. Nova Escola Galega. Actividade dirixida e dinamizada pola pedagoga Silvia López Gómez. ESPAZO FORO
19:00. Radio BULEBULE. Kalandraka Editora. Pequeno recital a cargo do músico Paco Nogueiras presentando unha escolma das cancións e dos videoclips que conforman o libro-CD-DVD coas intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:15. O Garaxe Hermético. Presentación da Escola de Banda Deseñada e do traballo feito por alumnas/os: “O picoto do pai”. Con Kiko da Silva, Fernando Llor e alumnado. ESPAZO FORO
Todo el programa en pdf en este enlace
Menuda programación!! Está muy bien!! Es una pena que no se organicen cosas así en Vigo…
Pues si, la verdad!