Ceip Paraixal

«O CEIP Paraixal está situado no barrio de Teis, o carón do Parque de Bombeiros. E un colexio con amplas instalacións e xunto á zona natural da Buraquiña, un pequeno bosque de ribeira que forma o río Paraixal.

paraixal entrada ceip

É un colexio que funciona case como un colexio rural xa que os tres cursos de Infantil están agrupados, así como as aulas de 1º e 2º; 3º e 4º; e 5º e 6º. Deste xeito a aprendizaxe entre distintos tipos de idade é máis rica. De feito o profesorado leva a cabo actividades entre distintos grupos. En ocasións son as crianzas máis maiores as que acuden a Infantil a mostrar os seus proxectos ou as máis pequechas as que van a Primaria a ensinar as cousas que aprenden.

O carácter familiar deste centro fai que a colaboración das familias coa escola sexa plena. Convédase as familias a formar parte activa deste proxecto, abrindo as aulas á súa colaboración. É habitual que país, nais, avós e avoas acudan ao centro a compartir as súas habilidades e coñecementos.

Esta colaboración entre familias e colexio materializouse o curso pasado coa remodelación da aula de infantil na que pais e nais puxéronse mans a obra e lograron crear un espazo limpo, amplo e agradable onde o importante é o contido (o alumnado) e non o continente.

paraixal aula de infantilparaixal arbol de sonido infantil

A ANPA encárgase do servicio de transporte, da aula madruga (de 8 a 9 am), do comedor (de 14 a 16 pm) e das actividades extraescolares (balonmán, pintura, piscina, fútbol gaélico e tenis, de 16 a 17 pm).

O centro conta con aula de música, de plástica, de informática, de inglés, biblioteca, comedor, ximnasio e patio.

Os tres piares deste cole son a Igualdade, a Lingua galega e o Medio Ambiente polo que se traballan transversalmente estas tres materias.

Como cole plurilingüe conta con auxiliar de conversa e clases de plástica en inglés. Por outra banda a lingua galega está moi presente no centro, de feito conta cun alto número de crianzas galegofalantes. Tanto o profesorado como as familias están concienciadas da importancia que ten a lingua propia de Galicia e pódese dicir que este contacto real co galego axuda a que o alumnado do Paraixal adquire unha gran competencia nas dúas linguas oficiais.

Para favorecer os obxectivos da escola, na etapa de educación infantil baseánse nas experiencias e o xogo empregando o traballo por recunchos. Tamén, realizan proxectos que xorden dos seus intereses. As nenas e nenos de Infantil aprenden xogando e ao seu ritmo: usan a mesa de luz e a caixa de sons, inicianse na Robótica, fan experimentos, teatro, teñen catro días á semana psicomotricidade… As crianzas tamén traballan na horta.

1paraixal caja de luz

En 1º e 2º de Primaria xa se traballa por proxectos e sen libros e o obxectivo é seguir a facelo progresivamente no resto de cursos. Entre as actividades que levan a cabo en Primaria están a Robótica, Lapbooks para traballar o currículo; graban programas de radio; fan curtametraxes; aprenden matemáticas co xadrez….

Reciben visitas de escritores, debuxantes, bombeiras, … fan colaboracións como a que teñén coa Comunidade de Montes de Teis… traballan en proxectos de igualdade, de protección a natureza, etc…

En definitiva, é un centro familiar na que todos e todas se coñecen e teñen algo que achegar ás demais persoas».

Encontraréis más información en la página web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipparaixal/

Si te ha gustado comparte en...

También te puede gustar

Newsletter

Suscríbete para estar siempre al tanto de las novedades de Little Vigo

Comments

  1. Manuel

    18 febrero, 2019

    Un centro educativo nun contorno privilexiado no que as crianças ademáis de conquerir un máis que aceptable nivel académico tamen formanse en valores coma amizade, igualdade, e todos eles xunto ca comunidade escolar forman una gran familia.

Deja un comentario:

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

About Me
foto-qué-es-little
Redescubre Vigo con los peques y disfruta de
todo lo que te aporta tu ciudad

Rocío

Newsletter

Entérate de las últimas novedades

sponsor
Especiales
Suscríbete al blog por correo
electrónico para no perderte nada
Loading